martes, 26 de octubre de 2010

Territorio, Xoves 28 de outubro


Juan Requejo Liberal (xeógrafo e economista)
A mobilidade  recupera a escala humana da cidade 
Juan Requejo Liberal defínese a se mesmo como consultor de planificación.
É socio director de dúas empresas consultoras sevillanas: Asistencias Técnicas Clave (Medio, enerxía e turismo) e Areal Grupo Consultor (ordenación do territorio e políticas públicas). Dirixiu uns 25 plans, entre eles os recentes plans de turismo, de industria e de enerxía e dez plans de ordenación do territorio. No momento presente está ocupado coa ordenación turística de Asturias e a ordenación territorial do Campo de Xibraltar, así como a reflexión sobre cambio climático e turismo nunha comisión nacional. Asesorou varios gobernos e organismos internacionais, imparte docencia en catro másters (urbanismo, espazos naturais, turismo e renovación urbana) e conta con nove publicacións independentes, ademais de varios artigos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario