martes, 26 de octubre de 2010

Presentamos "Itinerarios: IV Xornadas de arquitectura e deseño"


A Comisión de Cultura da Delegación en Lugo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo, comezan a colaborar no ano 2004 coa organización das 1ª Xornadas de Arquitectura e Deseño, e dende entonces leváronse a cabo de maneira bianual e continuada novas edicións nos anos 2006, 2008, e agora,  este ano 2010.
En edicións anteriores as xornadas organizáronse en bloques temáticos, as escalas do deseño: urbanismo,arquitectura, deseño interior,deseño gráfico, pintura,cerámica e fotografía. De maneira recurrente cada edición deixouse guiar por un leitmotiv  distinto así xurdiron “Cascos históricos (2004”),  “Ruralmente: novos xeitos de entender o rural (2006)” e  “Periferias (2008)”. Como  fin dun ciclo falta a rede que comunica, o fío que o cose todo: os camiños, as rutas, os percorridos,... os “Itinerarios (2010)”.
Lugar: Salón de Actos de Caixagalicia, (Pz. Sta. María Lugo)
Horario:19:00
Entrada libre



1 comentario:

  1. Pese a que la presentación de las Jornadas en su convocatoria a la prensa sufrió los envates de la candente actualidad Lucense todos matenemos viva la expectación por una edición que se promete intensa y acertada.

    ResponderEliminar