martes, 26 de octubre de 2010

Imaxe, Xoves 25 de novembro



Ángel Hueso Montón (catedrático historia da Arte)
O cine e la sociedade en movemento urbano
Angel Hueso Montón nace en Madrid, en cuxa Universidade Complutense se Licenza e Doutora en Filosofia e Letras (sección de Historia; ano 1974).
Incorporouse á Universidade de Santiago de Compostela no ano 1979 tras gañar a oposición a Adxunto de Historia do Cine; dende 1990 é Catedrático de Historia da Arte (Historia do Cine) da Universidade de Santiago de Compostela.
Os testemuños sociais sobre o século XX que nos deixou o cine son moi amplos e fóra de toda dubida. Dentro deles adquiren unha especial significación aqueles nos que grupos sociais ou individuos de xeito illado realizan un desprazamento.
Mentres que os primeiros fan mención, fundamentalmente, aos movementos migratorios, orixinados por causas de todo tipo (crises económicas, condicións de vida, represións políticas, guerras, etc.), os segundos coñecéronse baixo a denominación xenérica de "road movies" (ou películas de estrada).
A través deles ofrécensenos testemuños de situacións sociais moi concretas, nas que as persoas non só se desprazan fisicamente senón que experimentan unha evolución psicolóxica de especial importancia. Comentaremos algúns dos casos máis significativos que quedaron como emblemáticos na historia do cine.

No hay comentarios:

Publicar un comentario