miércoles, 10 de noviembre de 2010

Hoxe, terceiro día das Xornadas, co escultor Mikel Navarro

Esta semana, a conferencia sobre "Volume" das Xornadas de Arquitectura e Deseño trasládase ao mércores, día 10 de novembro.
As 19:00 horas, no Salón de Actos da Fundación Caixagalicia (Praza de Santa María), o prestixioso escultor valenciano Mikel Navarro, Premio Nacional de Artes Plásticas falará sobre a "Contraposición de volúmenes".
O artista é unha das figuras clave do panorama escultórico actual en España e ten unha ampla obra presente en moitos dos museos máis emblemáticos de arte contemporánea, como o Museo Guggenheim de Nova York, o IVAM, o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía de Madrid, o Centro Georges Pompidou de París, o MACBA, o Mie Prefectural Art Museum de Mie (Xapón) ou o Guggenheim de Bilbao.
Máis información de Mikel Navarro e da Xornada, AQUÍ, na Web do COAG de Lugo

No hay comentarios:

Publicar un comentario