domingo, 28 de noviembre de 2010

Imaxes da xornada de clausura. Ángel Hueso fala sobre "O cine e a sociedade en movemento"

Por problemas técnicos coa aplicación Blogger, non se puideron colgar antes as imaxes neste blog. Esta é a ligazón a galería web de Flickr coas imaxes da xornada de clausura, na que o Catedrático da USC, Ángel Hueso falou sobre "road movies" e películas nas que a trama argumental está centrada nos desprazamentos de colectivos ou individuos na charla "O cine e a sociedade en movemento"


Galería web de Flickr

jueves, 25 de noviembre de 2010

Hoxe, no salón de actos da Fundación Caixagalicia, Ángel Luis Hueso fala sobre "El cine y la sociedad en movimiento"

Hoxe xoves día 25, as 19:00 horas, no salón de actos da Fundación Caixagalicia (Praza de Santa María), clausúranse as IV Xornadas de arquitectura e deseño, coa conferencia de "Imaxe" na que o catedrático da USC, Ángel Luis Hueso fará unha aproximación a diversos casos nos que o cine presta atención a desplazamentos individuales ou colectivos a través de "road movies"ou películas centradas en movementos migratorios.

sábado, 20 de noviembre de 2010

Imaxes da cuarta xornada, con Roberto Goycoolea

Roberto Goycoolea foi este xoves o protagonista da xornada adicada a "Espazo", onde analizou "A estética do labirinto ou a recuperación do espazo urbano" realizando un interesantísimo análisis das estructuras labirínticas a través da historia para rematar comentando o contraste existente entre o urbanismo e a forma de vida nos cascos históricos e das áreas novas das cidades.

NESTA GALERÍA DE FLICKR están colgadas as imaxes con algúns dos momentos desta conferencia.

jueves, 18 de noviembre de 2010

Hoxe Roberto Goycoolea falará da "Estética do laberinto ou a recuperación do lugar no espazo urbano" no cuarto día das xornadas

Xa na recta final das Xornadas de arquitectura e deseño, Roberto Goycoolea falará hoxe as 19:00 horas no Salón de actos da Fundación Caixagalicia (Praza de Santa María, Lugo) da "Estética do laberinto ou a recuperación do lugar no espazo urbano" analizando o enfrentamento que se produce nas cidades entre a estructura laberíntica dos cascos históricos e as novas áreas perfectamente estructuradas intentando reivindicar as primeiras frente a falta de identidade que se produce en moitas das zonas de recente construcción das nosas cidades.

Roberto Goycoolea é arquitecto pola U. Técnica do Estado de Chile e Diplomado en Socioloxía urbana, ademais de Dr. Arquitecto pola U. Politécnica de Madrid. Foi fundador e director da Escola de Arquitectura da U. de Alcalá ata o 2004 e actualmente é Profesor Titular de Análisis de Formas arquitectónicas nesta Universidade.


jueves, 11 de noviembre de 2010

Imaxes terceira xornada de Volume, con Mikel Navarro

Na última xornada, de "Volume" o escultor valenciano Mikel Navarro analizou ante o público que se desplazou ao salón de actos da Fundación Caixagalicia moitas das súas obras máis carismáticas, dende as ubicadas nos espazos públicas de diversas cidades europeas e españolas ata as súas metáforas de cidades, expostas en algúns dos museos máis recoñecidos do mundo. 

En ESTA GALERÍA DE FLICKR están colgadas imaxes con algúns dos momentos da xornada (Fotografías realizadas polas alumnas da Escola de Arte Patricia Fernández e Ashley Vázquez)

miércoles, 10 de noviembre de 2010

Hoxe, terceiro día das Xornadas, co escultor Mikel Navarro

Esta semana, a conferencia sobre "Volume" das Xornadas de Arquitectura e Deseño trasládase ao mércores, día 10 de novembro.
As 19:00 horas, no Salón de Actos da Fundación Caixagalicia (Praza de Santa María), o prestixioso escultor valenciano Mikel Navarro, Premio Nacional de Artes Plásticas falará sobre a "Contraposición de volúmenes".
O artista é unha das figuras clave do panorama escultórico actual en España e ten unha ampla obra presente en moitos dos museos máis emblemáticos de arte contemporánea, como o Museo Guggenheim de Nova York, o IVAM, o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía de Madrid, o Centro Georges Pompidou de París, o MACBA, o Mie Prefectural Art Museum de Mie (Xapón) ou o Guggenheim de Bilbao.
Máis información de Mikel Navarro e da Xornada, AQUÍ, na Web do COAG de Lugo

viernes, 5 de noviembre de 2010

Imaxes da segunda xornada de "Comunicación", con Mario Eskenazi

O pasado xoves, Mario Eskenazi ofreceu ao público que se desplazou ao Salón de actos de Caixa Galicia unha interesante análise da relación existente entre "Comunicación e itinerario" comentando algúns dos seus traballos máis destacados.

En ESTA GALERÍA DE FLICKR están colgadas imaxes con algúns dos momentos da xornada (Fotografías realizadas polas alumnas da Escola de Arte Fany Vázquez e Begoña Pérez)


jueves, 4 de noviembre de 2010

Mario Eskenazi falará hoxe as 19:00 no Salón de actos Caixa Galicia sobre "Comunicación e tinerario"

O arquitecto e deseñador arxentino Mario Eskenazi, Premio Nacional de Deseño no ano 2000 foi o encargado de realizar, entre outras, a Identidade Corporativa do Banco Sabadell, a dos Servizos de Mantemento e Limpeza/BCNeta! do Ajuntament de Barcelona ou a do do Centre Cultural Blanquerna (da Generalitat de Catalunya).


Hoxe comentará a súa visión sobre "Comunicación e Itinerario", nunha xornada que promete ser realmente interesante -Salón de Actos de Caixa Galicia, na Praza de Santa María (Lugo)-.


Dende aquí pódese acceder á web de Mario Eskenazi, onde se poden visualizar algúns dos seus traballos.